A Escola de Altos Estudos Musicais invita ao alumnado avanzado de fagot a participar nas clases maxistrais impartidas por Hans Agreda, fagot contrabaixo da Orquestra Tonhalle de Zúric e profesor na Universidade das Artes de Zúric. A actividade terá lugar os días 12 e 13 de febreiro e aínda conta con prazas dispoñibles.

Ao longo destas sesións, o alumnado terá a oportunidade de traballar directamente cun intérprete de ampla experiencia internacional, que colaborou con algunhas das orquestras máis prestixiosas de Europa e foi galardoado en certames de referencia. A súa formación en Venezuela e Alemaña, xunto coa súa intensa actividade artística, garanten unha visión completa e actual do fagot profesional.

Estas clases maxistrais están pensadas para afondar na técnica, o son, o repertorio orquestral e a musicalidade, ofrecendo ferramentas prácticas e criterios interpretativos de alto nivel. Unha ocasión única para enriquecer a túa formación e dar un paso adiante no teu desenvolvemento artístico.

Te puede interesar