Escola de Altos Estudos Musicais

Despois dun breve período dispoñibles na web da EAEM, actualmente, as clases maxistrais ofertadas para a especialidade de óboe, con Nick Deutsch, están esgotadas.

O oboísta Nick Deutsch impartirá as primeiras clases maxistrais deste trimestre na Escola de Altos Estudos Musicais. 

As titorías tendrán lugar en novembro, máis especificamente no día 28, de 10h a 14h e de 16h a 20h, e no día 29, de 10h a 12h e de 16h a 19h. Compre indicar que as dúas primeiras horas do xoves, e a primeira do venres serán destinadas exclusivamente aos alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral.

Máis información

Experimentado profesor
Nado en Israel, Nick creceu en Sydney, Australia, onde comezou os seus estudos musicais no Conservatorio de Música de Sydney e graduouse con Distinción no Victorian College of the Arts. A súa destacada traxectoria académica foi recoñecida co premio «Gwen Nisbet» ao estudante máis sobresaliente.

Nick comparte o seu vasto coñecemento como profesor convidado en academias de música de renome internacional, como o Conservatorio Nacional Superior de Música de París, o Royal College of Music de Londres, a Academia de Música de Hong Kong, a Escola Superior de Música Forum Musikae, e ofrece regularmente clases maxistrais en todo o mundo.

Pódeche interesar