A frautista alemá Christina Fassbender ofrecerá clases maxistrias os vindeiros días 16 e 17 de marzo na súa primeira visita á Escola de Altos Estudos Musicais. Será en horario de 10h a 14h e 16h a 20h o xoves 16 e de 10h a 12h e 16h a 19h o venres 17.

As dúas primeiras horas do xoves e a primeira do venres estarán destinadas ao alumnado do Curso Avanzado de Especialización Orquestral.

Unha dilatada experiencia

Christina Fassbender estudou en Stuttgart co profesor Jean-Claude Gérard e no Mozarteum de Salzburgo co profesor Michael Martin Kofler. Como solista actuou con orquestras como a Sinfónica da Radio de Berlín, a Beethovenhalle de Bonn, a Orquestra da Komische Oper de Berlín, a Konzerthausorchester de Berlín, o Lucerne Festival Strings, a Orquestra de Cámara de Lituania e moitas máis.

Desde o 99 ao 2012 ocupou o posto de frautista solista da Orquestra da Komische Oper de Berlín e a partir de 2012 continou coa súa vocación docente e asumiu unha cátedra na Musikhochschule Münster. En 2017 foi nomeada profesora da Universität der Künste de Berlín. 

Podeche interesar