Formando e perfeccionando os futuros profesionais da música dende 1997
A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) é un centro de ensino musical creado en 1997 baixo a competencia da Xunta de Galicia.
A súa misión é a formación e perfeccionamento dos futuros profesionais da música, así como a organización de actividades de divulgación musical.
Vínculo coa Real Filhamonía de Galicia
A EAEM está moi vinculada á Real Filharmonía de Galicia, coa que forma un único proxecto. O seu profesorado (ver máis abaixo) está formado practicamente na súa totalidade por directores e codirectores da RFG, tendo o alumnado da EAEM a oportunidade de beneficiarse da experiencia e profesionalidade de músicos en activo altamente cualificados.
A nosa oferta formativa
Actualmente, a EAEM propón 3 niveis de formación:
- Curso Avanzado de Especialización Orquestal(CAEO)
- Curso de Especialización Instrumental (CEI)
- Curso de corda para nenos
También tenemos el privilegio de recibir puntualmente músicos de prestigio que comparten su saber con nuestros alumnos.
Xestión
Dende o ano 2011, o Consorcio da cidade de Santiago asume a responsabilidade de xestionar a EAEM, de xeito que orquestra e escola estean unidas baixo a mesma dirección e dirección.
Belén HernándezXerente do Consorcio de Santiago
Baldur BrönnimannDirector Titular
Maximino ZumalaveDirector Asociado
Enrique Meyer PleiteXefe de Estudos