Plazas

Violin 4
Viola 2
Violoncello 2
Contrabaixo 1
Óboe 1
Frauta 1
Clarinete 1
Fagot 1
Trompa 1
Trompeta 1
Percusión 1
   
   
   
   
   

Diploma

Gran Diploma de Especialización Orquestal

Posgrao Profesional. Recoñecida pola USC.
60 créditos ECTS.

Matrícula y becas

Matrícula
705,69 €

Bolsa de estudos
Bolsa de 300 € mensuais.

Posibilidade de aloxamento na Residencia Universitaria Burgo das Nacións (a 180 metros da Escola).

Materias

A - Especialización instrumental

Clases individuais
Cada alumno recibirá un mínimo de 40 horas de práctica instrumental personalizada por parte do seu titor/profesor distribuídas ao longo do curso académico.

Clases maxistrais con profesores visitantes
Os estudantes da EAEM recibirán clases individuais a cargo de solistas de relevancia internacional, ben convidados pola RFG ou contratados para o efecto.

B - Prácticas coa RFG
Cada alumno, coa supervisión do seu titor, incorporarase á RFG participando en diversos programas da tempada (ciclo académico).

C - Música de cámara e conxunto instrumental
Todo o alumnado participará en programas relacionados coa práctica grupal que se concretarán en concertos públicos ao longo do curso académico.

D - Materias teóricas
Impartiranse contidos teórico-prácticos aplicados á práctica instrumental, coñecemento do mundo profesional así como aspectos relacionados coa adquisición dunha boa disposición mente-corpo.

E - Proxecto de fin de curso
Para a obtención do título de posgrao, o alumnado deberá realizar un proxecto de fin de carreira que consistirá basicamente na preparación e interpretación de concertos públicos que impliquen unha destacada participación solista, ben en concertos individuais ou en conxunto.

Plan de estudios

O alumnado será guiado dende o primeiro momento polos seus respectivos titores, quen realizarán un itinerario formativo individualizado e detallado, tendo en conta as características especiais de cada alumno.

Esta programación educativa garantirá a formación do alumno e permitiralle obter os créditos necesarios para a súa acreditación como especialista. A adecuación de cada alumno aos programas da orquestra será fixada polo Director, logo de deliberación da Comisión Educativa.

Para que o alumnado poida ensaiar tanto de xeito individual como colectivo, a EAEM garantirá aulas e casetas de estudo para todos na sede do colexio.

Ao tratarse dun curso eminentemente práctico, as materias instrumentais terán unha maior carga de estudos non presenciais que a presencial.

Profesorado

La EAEM cuenta con un profesorado altamente cualificado,
compuesto de músicos de la propia Real Filharmonía de Galicia.

Hablan da súa formación

Aida López

Violín

Só teño palabras positivas para este proxecto do que formei parte. Profesores altamente cualificados, destaco especialmente ao meu profesor, unha persoa respectable e admirable cando menos. Recibimos unha ampla formación, especialmente no repertorio para probas de orquestra, os nosos concertos e pasaxes orquestrais. Unhas instalacións condicionadas ao alumnado para o desenvolvemento do seu propio estudo persoal. Prácticas coa RFG onde a maioría te fixo sentir como un deles, incluso dando a oportunidade de tocar como solistas co apoio e impulso de todos eles. A todo isto súmase un ambiente e unha cidade máxica. En conclusión, un ano completo, inesquecible para toda a vida.

César Sánchez

Violín

Profesor da Universidade Nacional do Perú e membro da Orquestra Sinfónica Nacional do Perú.

A orquestra é fantástica e traballar con eles axudoume a entender como traballar a ese nivel. Ser un grupo reducido permite un adestramento máis personalizado e moito espazo para estudar. Familiarizase coa atmosfera e o ritmo dunha orquestra profesional. Puiden estar nun ambiente tranquilo con moita inspiración artística e condicións óptimas para estudar.

Azucena Mirás

Fagot

O posgrao foi unha oportunidade única para rematar a miña formación como músico de orquestra, xa que che dá a oportunidade de tocar cunha orquestra profesional e aprender de músicos e persoas magníficas. É un curso que tamén dá formación para ser un músico completo, recibindo clases de profesionais de todos os ámbitos. Creo que é imposible plasmar en poucas palabras todo o que supuxo para min o curso, pero o que si sei é que me axudou a avanzar como músico e, sobre todo, a estar preparado para facer todo tipo de probas.

¿Desexas máis información sobre o Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO)?

A escola

Desde 1997, un proyecto de formación integrado con la Real Filharmonía de Galicia.

Historia, organización, instalaciones, profesores: cónoce todo acerca de la Escuela de Altos Estudios Musicales.

Máis información