A Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela fai pública a súa oferta de clases maxistrais para o último trimestre de 2023.

Nesta ocasión, os profesores que impartirán estas clases serán o oboísta Washington Barella o 9 e 10 de novembro, a trompetista Yael Fiuza nas mesmas datas, a fagotista María José Rielo o 24 e 25 e novembro, o clarinetista Hermann Stefánsson o 30 de novembro e 1 de decembro e o trompista David Fernández o 14 e 15 de decembro.

No apartado das Clases Maxistrais da nosa páxina web e no folleto pódense consultar os horarios así como facer a inscrición as persoas interesadas.

 

Aviso: Detectouse un problema no envío de mails desde a aplicación de inscrición da EAEM para o restablecemento das contrasinais de acceso. Unha vez inscrito, a organización porase en contacto co interesado para facilitarlle as claves de acceso e poder realizar o abono do curso. Desculpen as molestias.

Podeche interesar