O vindeiro martes, 23 de maio, ás 20h na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais ofrecerán un concerto de cámara de percusión e trompeta.

Nel, os alumnos interpretarán obras de Marc-Antoine Charpentier, Antonio Vivaldi, James M. Stephenson, Anthony J. Cirone así como dúas pezas populares mexicanas.

Os percusionistas serán Gonzalo Otero, Iria Antelo, Gael Alberto e Jorge Denís, mentres que o trompetista será Carlos López. Deles, Gonzalo Otero e Carlos López, son alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral e Antelo, Alberto e Denís son membros do Curso de Especialización Instrumental. O profesor que os acompañará será Iñaki Martín.

 

O concerto terá unha duración estimada dunha hora e a entrada será libre ata completar cabida.

Podeche interesar