Escola de Altos Estudos Musicais

O Curso Avanzado de Especialización Orquestral, unha vez recibidas todas as solicitudes de candidatos de acceso, fai públicos os horarios para as probas de acceso, que se celebrarán os vindeiros 15, 16 e 17 de xullo.

Este calendario, que por agora é provisional, á espera de que se coñeza o número total de candidatos que participarán nas probas, comezaría a tarde do sábado 15 de xullo (a partir das 16:30h) coas audicións de fagot, óboe e percusión. O domingo pola mañá (a partir das 10h) faríase a de clarinete e frauta e á tarde trompa e trompeta.

Xa para luns quedarían as cordas, pola mañá co contrabaixo, viola e cello e pola tarde o violín.

O contido das probas pode consultarse no apartado do CAEO da nosa web.

Te puede interesar