A Escola de Altos Estudos Musicais fai pública a listaxe de músicos admitidos tras realizar as probas para entrar nas prazas restantes da convocatoria extraordinaria do Curso Avanzado de Especialización Orquestral do próximo ano. Estas probas realizáronse o pasado 22 de setembro e nelas participaron quince persoas.

Este curso diríxese a estudantes que finalizaron a súa formación musical e queren formar parte dunha orquestra profesional. A través deste curso, que comezará o vindeiro 1 de outubro e finalizará o 30 de xuño de 2024, os participantes recibirán clases individualizadas da man dos seus profesores, todos músicos da Real Filharmonía, e doutros solistas de relevancia internacional.

Ademais, estes alumnos participarán nos concertos da RFG, baixo a supervisión dos seus titores, e ofrecerán diversas actuacións ao longo do período lectivo como solistas, en grupos de cámara ou formando coa propia orquestra.

A listaxe pode consultarse no anexo.

Podeche interesar