Os vindeiros días 9 e 10 de novembro, a EAEM ofrecerá as súas primeiras clases maxistrais deste curso. Será con Washington Barella e Yael Fiuza, e ambos impartirán 10 horas lectivas.

O oboísta Washington Barella estará de 16:00h a 21:00h o día 9 e de 10:00h a 12:00h, 12:00h a 14:00h, 16:00h a 17:00h e 17:00h a 20:00h do día 10. Tanto a primeira da mañá como da tarde do venres 10 serán só para o alumnado do Curso Avanzado de Especialización Orquestral.

Pola súa parte, o trompetista Yael Fiuza terá un horario de 10:00h a 13:00h e 13:00h a 14:00h na mañá do día 9, sendo a partir das 13:00h para alumnado do CAEO. O xoves 9 completarase de 16:00h a 20:00h. O venres 10 haberá clase de 10:00h a 12:00h, só para alumnos do CAEO e, de 16:00h a 19:00h, aberto ao resto de músicos interesados.

No apartado das Clases Maxistrais da nosa páxina web e no folleto pódense consultar os horarios así como facer a inscrición as persoas interesadas.

Profesores de recoñecido prestixio
Barella estudouna Hochschule für Musik Hannover con Ingo Goritzki e continuou a súa formación na Hartt School of Music de Hartford (EUA) con Humbert Lucarelli. É profesor no Instituto de Educación Artística da Universidade das Artes de Berlín.

Pola súa parte, Yael Fiuza Souto é trompeta tutti da Deutsche Oper Berlin (Alemaña). Comezou a súa traxectoria musical na Escola de Música Artistica de Merza e foi alumno baixo o ensino de Javier Simó na Escola de Altos Estudos Musicais.

Podeche interesar