Este xoves e venres, 9 e 10 de novembro, a EAEM ofreceu as súas primeiras clases maxistrais deste curso. Foron con Washington Barrella e Yael Fiuza, que impartiron 10 horas lectivas cada un.

No apartado de as Clases Maxistrais da nosa páxina web e no folleto pódense consultar os horarios así como facer a inscrición as persoas interesadas no resto de clases de novembro e decembro.

Profesores de recoñecido prestixio
Barella estudou na Hochschule für Musik Hannover con Ingo Goritzki e continuou a súa formación na Hartt School of Music de Hartford (EEUU) con Humbert Lucarelli. É profesor no Instituto de Educación Artística da Universidade das Artes de Berlín.

Pola súa banda, Yael Fiuza Souto é trompeta tutti da Deutsche Oper Berlin (Alemaña). Comezou a súa traxectoria musical na Escola de Música Artística de Merza e foi alumno de Javier Simó na Escola de Altos Estudos Musicais.

Podeche interesar