Escola de Altos Estudos Musicais

A Escola de Altos Estudos Musicais fai pública a listaxe de músicos aspirantes a entrar nas prazas restantes da convocatoria extraordinaria do Curso Avanzado de Especialización Orquestral do próximo ano. As probas realizaranse o próximo 22 de setembro e para elas foron admitidas quince persoas.

Tras realizar no mes de xullo as probas de selección da convocatoria ordinaria, a EAEM lanzou unha convocatoria extraordinaria na que se ofertan tres prazas de violín, unha de violoncello e unha de fagot que non foron cubertas.

Este curso diríxese a estudantes que finalizaron a súa formación musical e queren formar parte dunha orquestra profesional. A través deste curso, que comezará o próximo 1 de outubro e finalizará o 30 de xuño de 2024, os participantes recibirán clases individualizadas da man dos seus profesores, todos músicos da Real Filharmonía, e doutros solistas de relevancia internacional.

Ademais, estes alumnos participarán nos concertos da RFG, baixo a supervisión dos seus titores, e ofrecerán diversas actuacións ao longo do período lectivo como solistas, en grupos de cámara ou formando coa propia orquestra.

Podeche interesar